Os personaxes de Star Wars desfilarán de novo por Compostela en maio Nos TV

A concelleira de Turismo, Marta Lois, presentou en rolda de prensa, acompañada por representantes da Tropa Korriban de Santiago, o desfile que traerá no mes de maio aos personaxes das peliculas da Saga da Guerra das Galaxias á cidade. Segundo explicou Andrés Torreiro esta será o terceiro gran desfile en Santiago coincidindo co aniversario, desta vez, da estrea do primeiro filme de George Lucas.

Desde a organización do evento sinalan o incremento de público en cada un dos seus eventos

Para a concelleira de Turismo, Marta Lois, a actividade beneficiará á cidade como noutros encontros destas características. O desfile terá lugar o 27 de maio e a Tropa Korriban convocou a asociacións e fans de Star Wars do resto do Estado español e outros países. Nesta ocasión incluirase unha homenaxe á figura da actriz Carrie Fisher, que encarnou na saga á Princesa Leia.

http://nostelevision.gal/os-personaxes-de-star-wars-desfilaran-de-novo-por-compostela-en-maio/

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *